Saltar ao contido principal

Manga: Bícame, profe



O manga é un xénero que seguro coñecedes ben e que, pouco a pouco, tamén podemos atopar en lingua galega. O primeiro título traducido á nosa lingua é Bícame, profe (Kusatta Kyoush no Houteishiki)unha obra da xaponesa Kazuma Kodaka. Pertence ao xénero shonen-ai (historias amorosas entre personaxes masculinas) e conta as vivencias de Atsushi Arisawa, un mozo que decide matricularse no instituto Jyogaoka, porque alí traballa como enfermeiro Massami Shibata, o seu amor platónico da infancia. Con todo, cando o atopa descobre que a súa personalidade mudou por completo dende que non o ve.

Edicións do Cumio puxo nas librarías esta obra, publicada en tomos en branco e negro, formato de libro de peto e en sentido de lectura oriental. A editorial ofrece algunas páxinas de mostra que se poden ler na súa web a través da seguinte ligazón (preme aquí).

Este manga baséase no humor, mais tamén destaca a caracterización das personaxes. Ímolo tomar como referencia e imos tentar caracterizarnos tamén a nós mesmos ao longo das diversas entradas que se nos presentan nesta bitácora.

Adiante! Coñécete a ti mesmo! 😉

Comentarios