Retomando o tema que nos presentaba Bícame profe, cuxo protagonista é homosexual, queremos falarvos agora un pouco máis da diversidade sexual.
Moitas veces pode resultar polémico falar das diferentes
orientacións sexuais que existen mais a verdade é que todas elas deberían ser
coñecidas e, por suposto, respectadas.
Aquí
vos deixamos 10 maneiras de vivir a sexualidade:
1.
Homosexualidade: atracción sexual polas persoas do mesmo
sexo.
2.
Bisexualidade: atracción sexual por persoas de ambos sexos.
3. Pansexualidade: atracción
sexual cara algunhas persoas indenpendetemente do seu sexo biolóxico ou
identidade de xénero.
4. Demisexualidade: aparición
de atracción sexual só nalgúns casos nos que con anteriridade se estableceu un
forte vínculo emocional ou íntimo.
5. Heterosexualidade: atracción
sexual por persoas do sexo oposto.
6. Lithsexualidade: atracción
sexual por outras persoas mais sen sentir a necesidade de seren correspondid@s.
7. Autosexualidade: atracción
que se experimenta cara un mesmo
8. Antrosexualidade: persoas
que que experimentan a súa sexualidade mais sen necesitar clasificar a súa
tendencia sexual.
9. Polisexualidade: atracción
cara grupos de persoas con identidades de xénero concretas.
10. Asexualidade: falta plena de
atracción sexual.
Agora, se queredes, podedes comentarnos se
coñeciades estas tendencias ou non.
Se estades interesados nestas cuestións
gustaríanos recomendarvos a obra Fóra do normal de María
Reimóndez onde André, fan incondicional coma vós, das historias de cómics e a
banda deseñada, vive en conflito co seu corpo e súa identidade ata que coñece a
Mucha e xuntos se meten nunha Patrulla Trans. André, por fin dentro dunha rede
de afectos e apoiado pola lectura de aventuras de heroes do cómic clásico,
asumirá que para a superación dos
conflitos, a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo
a ser quen son.

Comentarios
Publicar un comentario