A animación xaponesa (ou "anime") é probablemente o elemento cultural máis internacional de Xapón. Dragon Ball ou Pokemon foron os dous casos máis exemplares desta exportación cultural. Con todo, as series de animación xaponesas acostuman ter a súa base no manga, que serve de guión ou inspiración. Incluso hai moitos mangas que aínda non teñen a súa versión animada pese a teren unha calidade excepcional.
Algúns mangas son auténticas obras de arte, non só polo debuxo, senón pola teoría da composición que algúns autores empregan para crear auténticos cadros coas viñetas. En moitas ocasións, hai páxinas dun manga que poderían estar colgadas en calquera museo.
Unha das características que fan do manga unha das miñas lecturas favoritas é a súa diversidade, poderíase dicir que existe un manga para cada persoa do mundo. Hai de todas as temáticas e gustos, só vos falta descubrilas!
Así mesmo, neste artigo do blog quero amosarvos dúas lecturas (que se non recordo mal) non estaban nas vosas cartas e que me parecen moi necesarias. Espero que vos gusten e que tamén me deixedes as vosas recomendacións nos comentarios desta entrada. Son Ernesto 👦
1.- Shingeki no Kyojin
Posiblemente
a miña obra favorita na actualidade, que dispón dunha serie de animación que
está moi de moda ultimamente. A historia deste manga desenvólvese nunha sociedade distópica
que se encontra refuxiada dentro dunhas murallas. Dentro destes muros agarda
todo un país que se ten que protexer porque fóra habitan
xigantes que se alimentan de carne humana.
2.- One Punch Man
É unha obra
moi recomendable tanto por ser unha creación maxistral e icónica das obras de
superheroes comúns, coma pola súa comicidade e temática. A obra céntrase en
Saitama, un home que quixo adestrar para entrar na organización de heroes, xa
que no planeta existen unha morea de monstros que ameazan a poboación. O
problema foi que adestrou tanto que agora é tan forte que vence a todos os seus
inimigos dun só golpe, o que o leva á frustración xa que non atopa a ninguén
que lle ofrece unha batalla interesante.


As lectura gustaronme. Eu vos recomendo Samurai 8 a lenda de hachimaru , é a historia dun neno que precisa unha estar conectado a unha maquina ata que un dia coñece un samurai chamado daruma e por iso e outros sucesos consigue ser un samurai
ResponderEliminarHola Martín ( son Ernesto), en primeiro lugar, grazas por comentar, é un agrado que che gustasen a miñas recomendacións. E, en segundo lugar, grazas pola túa recomendación, non coñecía dita obra e ten moi boa pinta, botareille un ollo !
EliminarUn saúdo!