Saltar ao contido principal

Astérix e Obélix: un bo exemplo ✔

A aparencia física tamén forma parte da nosa identidade e, ademais, outórgaselle moita importancia na súa conformación, igual máis da que debería ter. Seguro que todos coñecedes a Astérix e Obélix, dous galos irredutibles que habitan unha pequena aldea da Galia francesa, a única que aínda non está ocupada polos romanos no ano 50 a.C.

Astérix é o heroe destas aventuras, un pequeno guerreiro cunha grande intelixencia e un espírito astuto. Sonlle confiadas todas as misións perigosas e aínda que non posúe un físico impresionante é o único que logrou moitos éxitos. A poción máxica do druída da aldea, Panorámix, permitiulle saír das peores dificultades coa súa forza sobrehumana.

Obélix é o amigo inseparable de Astérix , traballa como repartidor de menhires e é un amante dos xabarís e das boas pelexas. Obélix sempre está disposto a deixalo todo para seguir a Astérix en calquera aventura, acompañado sempre de Ideafix. Polo tanto, Astérix vai sempre acompañado dun forte e gran guerreiro (cómpre destacar que Obélix caeu na marmita da poción máxica cando era pequeno), un galo ao que non lle preocupa o seu aspecto físico, é sensible e, por suposto, lambón. É coma un neno que medrou demasiado rápido e que non é consciente da súa forza.

As “imperfeccións” destes dous galos non lles impiden realizar nada na vida e aínda que non son o prototipo de heroe que se agarda, sempre conseguen gañar as súas batallas. Colleitan moito éxito entre o público e podemos atopar unha morea de cómics coas súas historias (tamén en lingua galega), ademais de películas cinematográficas.

Moito nos queda por aprender de Astérix e Obélix, eles si que son un bo exemplo. 

ACTIVIDADE

Hai algunha canción que vos recorde a Astérix e Obélix? Compartídea e explicádenos o porqué


Comentarios