Saltar ao contido principal

De estar na pobreza a ser millonario


O cine pode ter un efecto catártico cando se fan películas coa intención de cuestionarnos, inspirarnos, espertarnos ou transformarnos.


Esta película trata sobre un adolescente dos suburbios de Bombay que participa na versión hindú do programa "Quen quere ser millonario?". Misteriosamente o mozo acerta todas as respostas, ata que a policía decide interrogalo momentos antes de responder á última pregunta.

Para xustificar que non fai trampas, o rapaz explica a historia da súa vida e o conxunto de sucesos que o levaron a coñecer estas respostas.

A modo de actividade gustaríanos que a vísedes e que nos comentarios nos deixásedes a vosa opinión e reflexión sobre o ascenso social. Intenta responder ás seguintes cuestións: 

  • É posible o ascenso social cando es pobre? 
  • Credes que é facil ou díficil conseguir saír dunha mala situación?


Comentarios