Tal e como xa vimos na entrada anterior Segue existindo a masculinade tradicional? (revisa a entrada se o precisas), existen moitas maneiras de ser homes e son necesarias para acadar unha sociedade máis igualitaria.
O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas é unha obra que lin en 2º da ESO e na que se analizan situacións cotiás. Recoméndovola porque a min axudoume a ver o mundo
doutra maneira e a reparar en certos aspectos do día a día nos que antes non poñía
atención.
A historia comeza cando Carlota recibe unha carta da súa avoa na que lle manda observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, isto é, dende unha óptica feminista e igualitaria. A rapaza faille caso e comeza a contarnos como observa moitas situacións, a primeira vista normais e aceptadas socialmente, mais que en realidade supoñen discriminacións e inxustizas. Sen dúbida, unha obra que quen a lea, mudará a súa maneira de ver o mundo.
Aquí che deixo un cachiño da obra por se queres achegarte a ela: https://n9.cl/1wme
Tamén é interesante para vós O diario vermello de Carlota, da mesma autora, onde a protagonista nos fala das súas primeiras experiencias sexuais. Un libro para que as rapazas se coñezan mellor e tamén para que os rapaces saiban entender a sexualidade das mozas.
Agora gustaríme que me recomendásedes vós algún libro que lésedes e vos gustase moito e que me digades tamén os motivos polos que debería lelos (eu son Xoán 😸).
Ademais, e isto pode ser unha actividade de ampliación para facer nun futuro, gustaríanos que coloquedes vós "as lentes violetas" e lle preguntedes ás vosas compañeiras da aula se viviron, coñecen ou identificaron situacións de discriminación por razóns de xénero e que reflexionedes sobre elas.
Comentarios
Publicar un comentario