Sabemos que vos encantan os videoxogos e os gustos e
intereses tamén forman parte da nosa identidade e compartilos pode ser unha
vantaxe á hora de coñecer mellor a outras persoas. Tendo en conta isto, nesta
ocasión queremos falarvos da web Memoria
Pixelada, onde atoparedes novas, recomendacións,
artigos e análises de diferentes videoxogos. Contan tamén cunha canle de Youtube e
Twitch onde publican gameplays e emisións ao vivo.
A actividade que vos
propoñemos é a seguinte:
Gravade un pequeno vídeo
no que nos recomendedes a nós e aos vosos compañeiros videoxogos que vos gusten
explicando en que consisten. Tamén podedes comentalo directamente no
blog.


(Sergio Garrido) Eu vos recomendar un xogo dun cantos anos, pero que é moi bo: TrackMania Nations Forever. É un xogo desenvolvido por Nadeo e publicado por Ubisoft. O xogo é sinxelo: completa un circuíto no menos tempo posible. A primeira vista parece un xogo aburrido, non? Ben, na miña opinión, é un xogo incrible, porque ten unha mecánica moi ben construída e sen esquecer a mecánica creada polos fanáticos (como bugslide, noseslide, ETC). Ademais, o xogo trae un modo multixogador local e online e un editor de nivel para crear as túas propias pistas e xogar nelas. O xogo está dispoñible en Steam e é gratuíto. Ten unha versión de pago chamada TrackMania United Forever, que trae novos ambientes, como un deserto ou as estepas de Asia, pero non trae moito máis. Bo ata logo !!!
ResponderEliminarMoi boas Sergio, grazas pola túa achega. Probei o xogo TrackMania Nations Forever e gustoume moito, tiña gana de ter un entretemento rápido para o que non fixese falta moita instalación e no que puidera xogar xa dende o PC. Sempre me gustaron os xogos de carreiras, sobre todo cando era máis cativo e tiña piques cos meus amigos porque non se me dan nada mal e case sempre gañanaba eu xD. Non probei aínda a modalidade online, espero que se poida xogar facilmente con amigos e amigas, ogalla! Un saúdo e grazas de novo!
Eliminar