Saltar ao contido principal

Se algunha vez viches ao teu dobre, tes que ler isto ✔

A existencia dos dobres é un deses misterios mais suponse que todos temos un dobre nalgures.

Non obstante, neste caso, este mito urbano estivo presente en todas as épocas da civilización. Os seus nomes foron diversos - dende Ka, o "dobre do espírito" da cultura exipcia antiga, pasando polos dobres fantasmagóricos chamados Vardøger da mitoloxía nórdica, ata a Etiäinen do folclore finés -, pero o que durou foi a palabra alemá doppelgänger que se quixésemos traducilo, sería algo así como "andante dobre".
Apareceu por primeira vez nunha novela romántica alemá de 1796 escrita por Jean Paul, en tres volumes. Como era costume na época, tiña un título dunhas 15 palabras que se resume nunha: "Siebenkäs". Nela, cóntase a historia dun home que casou infelizmente e acode ao seu dobre, quen lle aconsella que falsifique a súa propia morte.
Aquí deixamos unha das historias máis coñecidas deste fenómeno: "O estraño caso do doutor Jekyll e Mr. Hyde" para que a vexades de forma resumida. 



ACTIVIDADE

Facede individualmente unha descrición moi breve, unhas poucas liñas na que destaquedes cales son, dende a vosa perspectiva, os vosos propios defectos ou os vosos malos hábitos. Posteriormente elaborade outra onde fagades unha mesma descrición pero agora dende a perspectiva externa, é dicir, o que credes que ven os demais de vós. Unha vez feita, reflexionade sobre as conclusións que extraedes dos dous textos. 


Comentarios