Saltar ao contido principal

Segue existindo a masculinidade tradicional?


Tradicionalmente agárdase que os homes sexan valentes, fortes, leven a iniciativa e non teñan medo a nada. A masculinidade é un termo que remite a unha serie de características físicas, psíquicas ou morais que se consideran propias do home e do ser masculino. Ademais, estes adoitan ser trazos que se contrapoñen coas características atribuídas ao sexo feminino. Ti que pensas? Para ser un home hai que ser valentes? Un home pode chorar e expresar os seus sentimentos? 

A definición anterior correspóndese coa masculinidade hexemónica, mais isto non é máis que unha mera construción social froito dun sistema patriarcal. Polo tanto, está nas nosas mans ser partícipes do cambio.  

Cómpre salientar que esta situación se atopa xa nun proceso de mudanza cara a unha sociedade máis igualitaria. Neste senso, existen outros tipos de masculinidades que comezan a desvincularse da masculinidade convencional achegándose ás premisas do feminismo. Deste xeito, pretenden a igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos da vida e loitan tamén por unha sociedade máis xusta. Tendo en conta isto, pode querer un home ter fillos e coidalos? Pode encargarse das tarefas domésticas? 

Un dos retos da nosa sociedade é lograr a igualdade de xénero plena, posto que seguimos apreciando comportamentos asociados coa masculinidade tradicional. Como debe tratar un home ás mulleres? 

Traballar isto nas diversas etapas educativas é fundamental porque é cando se poden arraigar estas actitudes no alumnado. Polo tanto, gustaríanos compartir con vós máis información sobre este tema. Inicialmente, queremos falarvos da asociación dun grupo de homes de Santiago de Compostela que recolle todas as súas iniciativas, reflexións e vivencias sobre a temática que vimos tratando nesta publicación a través do blog Micromachiños. Na rede tamén podemos atopar outros testemuños, como o que vos compartimos a continuación: 

“Nunca me enseñaron a poner palabras a mis sentimientos, así que me cuesta mucho nombrar mis emociones y expresarlas. Me cuesta desnudarme y compartirme, me cuesta mostrar mi vulnerabilidad, me cuesta lidiar con el miedo a que cuestionen mi virilidad, y todos estos miedos y carencias me han impedido disfrutar del amor. Ahora me lo estoy trabajando porque quiero ser más generoso con mis compañeras, y quiero construir relaciones más sanas y más igualitarias. Me he juntado con un grupo de hombres porque en compañía resulta más fácil liberarse del patriarcado”. (Aitor)



Ao mesmo tempo, outro dos recursos que nos parece interesante e que cremos que vos pode gustar é o cómic Hombres feministas, que mostra algúns dos referentes históricos deste movemento. 

Na entrada que dedicamos á obra O diario violeta de Carlota afondamos máis nestas cuestións


Comentarios