Saltar ao contido principal

Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz



Branca é unha rapaza chea de ilusións. Unha hepatite obrígaa a gardar cama durante uns meses, tempo que aproveita para facer un repaso das súas experiencias infantís. Polo seu aniversario regálanlle un álbum. Utiliza isto para crear un álbum cheo de fotografías evocará esas sensacións xa vividas. 

Ao mesmo tempo, Branca decátase de que deixa atrás unha parte importante da súa vida para dar paso á adolescencia, etapa que vivirá con outras personaxes como Daniel, Raquel ou Lois co que manterá unha relación especial. A través deste pequeno e atractivo book tráilerfeito por dúas rapazas, poderedes achegarvos un pouco máis á obra. 

A partir da seguinte cita do libro, propóñovos levar a cabo o mesmo pasatempo ca Branca. Buscade unha foto da vosa infancia, compartídea con nós e reflexionade sobre os cambios que se produciron. 

"É verdade que as veces teño medo de medrar e creo que estaría más segura aquí detida na infancia, refuxiada nela como nas imaxes fixas deste álbum". 

Ademais desta obra que lin cando ía en segundo da ESO, quería recomendarvos outras lecturas como: 

Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey.

Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.

Amor dos quince anos, Marilyn; de Agustín Fernández Paz. 

Rebeldes, de S.H. Hinton.


Que libros me recomendades vós? 

Son Sandra 😊




Comentarios